Dagbladet

Edificio onde se localiza a sede do xornal

Dagbladet é un xornal de Noruega fundado en 1869 en Oslo que se publica na variedade bokmål do noruegués. O seu editor en xefe é John Arne Markussen. Edítase en formato tabloide desde 1983. Dagbladet é tradicionalmente o terceiro xornal noruegués por circulación tras a edición matutina do Aftenposten e o Verdens Gang, competindo directamente con este último. Foi o primeiro xornal nacional noruegués en establecer unha edición online, dagbladet.no o 8 de marzo de 1995 que en 2012 tiña 771.000 visitas únicas en ordenadores e 237.000 en dispositivos móbiles [1].

O 20 de xuño de 2013 anunciouse que Aller Media mercara o 100% da propiedade do Dagbladet ao Berner Gruppen.

  1. "TNS-Gallup, informe do ano 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne